InicioSucesosA Policía do Porriño tramitou 155 denuncias por saltar o confinamento

A Policía do Porriño tramitou 155 denuncias por saltar o confinamento

Algunhas delas a "reincidentes".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local do Porriño tramitou, desde que se decretou o estado de alarma hai tres semanas, 155 propostas de sanción por saltar as medidas de confinamento, segundo confirmaron fontes municipais, e algunhas impuxéronse a “reincidentes”.

Coas 16 denuncias impostas este venres (ata o mediodía), esta policía local alcanzou as 155 propostas de sanción, a maior parte delas contra veciños do Porriño por circular a pé, ou en coche, pola vía pública sen causa xustificada. Pero tamén se sancionou a veciños doutras localidades, como Vigo, Tomiño, Mos, Salceda ou As Neves.

Desde o Concello do Porriño tamén precisaron que as denuncias por “propasarse co pretexto de sacar ao can” descenderon.

As mesmas fontes destacaron que hai varios casos de “reincidentes”, como un veciño de Pontellas que foi denunciado en tres ocasiones por saír de casa para andar en bicicleta, sendo interceptado polas patrullas da Policía Local en varios puntos do municipio.

Por outra banda, e aínda que todas as denuncias se remiten á subdelegación do Goberno, precisaron que unha desas denuncias foi remitida ao xulgado “pola gravidade do desacato”. Trátase da sanción a unha persoa sen fogar, “que tivo unha conduta desconsiderada” coa patrulla policial

ÚLTIMAS

O estaleiro vigués San Enrique remata con éxito o seu primeiro encargo para a eólica mariña

O estaleiro vigués San Enrique (antigo Vulcano) completou a entrega dos últimos paneis estruturais...

Arrinca en Vigo unha complexa operación para estabilizar a carga do portacontedores ‘María Francisca’

A Autoridade Portuaria de Vigo iniciou os traballos de eliminación e estabilización da carga...

Abel Caballero negociará con varias aerolíneas aproveitando a presenza de Vigo en Fitur

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que aproveitará a súa presenza e a...

Tres feridos despois de que un coche se saíse da vía e rematase empotrado nunha casa en Coruxo

Tres persoas resultaron feridas este martes ao saírse da estrada o vehículo no que...