InicioDeportesAbren as inscricións para o Campus do Celta en Mos

Abren as inscricións para o Campus do Celta en Mos

PUBLICADO O

Esta mañá levouse a cabo a sinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Mos e a Fundación Celta para a realización do V Campus Fundación Celta-Rubén Blanco.

O acto de sinatura celebrouse ás 12.30 horas no salón de sesións do Concello de Mos coa asistencia de Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Germán Arteta Torres, director da Fundación Celta, Patricio Farrapeira, presidente do Club Louro-Tameiga (en cuxo campo se realizará o campus), Baldomero Lorenzo, concelleiro de Deportes mosense, e o tamén edil, Luis Alonso.

O Campus desenvolverase do día 2 ó 6 de xullo no Campo de Fútbol de Cototorrón do Club Louro-Tameiga. O horario de desenrolo deste campus de fútbol infantil será de 10.00 horas a 14.00 horas da mañá, cun descanso para comer algo e beber auga para hidratarse.

Ó inicio do campus os rapaces participantes (con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos) recibirán a equipación composta por calcetíns, pantalón e camiseta; así coma, ao remate do mesmo, un diploma acreditativo. Premiarase aos participantes máis destacados cun adestramento na Madroa xuntos cos nenos das Categorías Inferiores do Celta.

Celta de Vigo
Iago Aspas, celebrando as vitorias do Celta en Europa /Miguel Nuñez

Os interesados en inscribirse poden facelo dende xa presencialmente no Concello de Mos e nas dependencias do Club Louro-Tameiga no Campo de Fútbol de Cototorrón, ou ben ‘on line’ na páxina web da Fundación Celta, www.fundacioncelta.com.

O prazo de inscrición rematará o 22 de xuño. Inicialmente estarán dispoñibles un total de 75 prazas, das cales as 60 primeiras contarán con subvención municipal.

O prezo do campus para os 60 primeiros cativos en inscribirse que sexan de Mos e/ou para os que xoguen nos dous principais clubs deportivos de fútbol municipais, Union Deportiva Mos e Club Louro-Tameiga, será de 50 euros, xa que o Concello subvenciona unha parte, mentres que para o resto será de 130 euros (a non ser que sexan membros da Fundación, caso no cal pagarían 115 euros).

A metodoloxía que utilizan os monitores da Fundación Celta de Vigo neste Campus baséase no traballo de catro áreas fundamentais: coordinación, técnico-táctica, multideporte, e competición. O sistema para impartir a formación ós xogadores é rotativo, de xeito que ó longo da mañá tódolos cativos participantes no campus vaian pasando polas catro diferentes áreas de traballo.

Esta metodoloxía é a mesma que se emprega nas categorías inferiores do Real Club Celta. Ademais a formación especializada deste campus está impartida por adestradores da canteira do Real Club Celta.

Os pequenos participantes nesta iniciativa recibirán tamén ó longo da semana do campus charlas sobre os valores no deportenutrición e hábitos de alimentación saudables.

Dende o campus pretenden “empregar a práctica deportiva entre os máis novos como ferramenta transmisora de valores como son a solidariedade, creatividade, traballo en equipo, sacrificio, superación, respecto, humildade e compañeirismo”.

Os obxectivos deste campus son, segundo explicou Nidia Arévalo, rexedora local mosense, “facilitar ós pais e nais mosenses a conciliación da vida familiar e laboral unha vez iniciadas as vacacións estivais dos máis pequenos, fomentar a práctica do deporte nas idades máis temperás, así coma educar ós cativos participantes en valores e promover hábitos alimenticios saudables e equilibrados”.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...