InicioSucesosPrisión provisional para o home que presuntamente matou o seu irmán cunha...

Prisión provisional para o home que presuntamente matou o seu irmán cunha aixada en Salceda

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado ditou prisión provisional comunicada e sen fianza pola comisión dun suposto delito de homicidio ou, alternativamente, dun suposto delito de asasinato, para o home que presuntamente matou o seu irmán cunha aixada en Salceda de Caselas (Pontevedra), segundo informan fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

O home pasou este luns a disposición do Xulgado do Porriño, ao redor das 10,00 horas. Os feitos ocorreron sobre as 20,30 horas do pasado venres nunha leira da familia. O agresor, de 49 anos, chamou á Garda Civil para informar os feitos ocorridos tras unha discusión.

Á chegada dos axentes, a vítima, de 51 anos, aínda estaba con vida. Aínda que foi trasladada en ambulancia, faleceu no hospital debido á gravidade das feridas. O fratricida permaneceu detido ata este luns, que pasou a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...