InicioEconomíaA Xunta recalca que destinou 12,6 millóns de euros a 14 municipios...

A Xunta recalca que destinou 12,6 millóns de euros a 14 municipios da área de Vigo no último ano

Alcaldes socialistas da provincia instaron o Goberno galego a crear un fondo de acción municipal durante unha reunión mantida en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta recalcou que, a través do Fondo de Cooperación Local, destinou en 2018 máis de 12,6 millóns de euros aos 14 municipios que integran a área de Vigo. Así se pronunciou o Executivo autonómico despois de que alcaldes socialistas da provincia de Pontevedra instasen o Goberno galego a crear un fondo de acción municipal durante unha reunión mantida en Vigo.

O Executivo autonómico remarcou que o investimento repartido entre os municipios da área viguesa se destinou a obras e servizos da súa competencia. Tamén asegurou que a esta cantidade se suman outras axudas concedidas polas distintas consellerías e a partida correspondente ao Fondo de Compensación.

A Xunta remarcou así que a dotación outorgada ao Concello de Vigo alcanza os 6,2 millóns de euros ao ano. Mentres, as localidades de Cangas e Moaña reciben 745.483 e 544.163 euros, respectivamente. Ademais, destínanse 446.120 euros anuais a Gondomar, 568.456 a Nigrán e 419.913, a Baiona.

Así mesmo, Mos e O Porriño perciben 452.072 e 516.667 euros cada ano, que, no caso de Redondela, ascenden a 811.982. Ao municipio de Pazos de Borbén outórganselle 160.529 euros, mentres que o de Salceda de Caselas percibe 316.982, o Soutomaior, 241.119, e, o de Salvaterra do Miño, 409.482.

ÚLTIMAS

Empregados de Vitrasa denuncian a “imposibilidade” de cumprir os “obsoletos” horarios que xeran “atrasos” en buses, especialmente durante o Nadal

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria do transporte urbano de Vigo, denunciou...

Abel Caballero di que Vigo “arrastrará” a Xunta e deputación para que a cidade “sexa mundialista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este luns que Vigo será mundialista porque...

Carmela Silva (PSdeG) critica ao PP porque “nunca confiou nin axudou” a Vigo

A candidata do PSdeG ao Senado pola provincia de Pontevedra e primeira tenente de...

José Couñago encabezará a candidatura socialista á Alcaldía de Mos nas eleccións locais de 2027

José Couñago encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Mos nas próximas eleccións...