InicioDeportesPolémica no Porriño polas axudas a un club deportivo local integrado por...

Polémica no Porriño polas axudas a un club deportivo local integrado por persoas con diversidade funcional

O PPdeG acusa a unha concelleira de beneficiarse a conta deste club, mentres que desde o concello acusan aos populaes de “mentireiros” e “mesquiños”,

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un equipo deportivo do Porriño integrado por persoas con diversidade funcional, o Bacaropo, está no centro dunha polémica política no Porriño. Os populares denuncian que unha concelleira se beneficia del, e a alcaldesa, Eva García de la Torre, denuncia que o PP está a facer “partidistas e electoralismo” dun tema tan sensible como é este.

O Partido Popular desta localidade denunciou que unha concelleira da corporación usa este club no seu propio beneficio e da súa familia. “Iso é falso pois ninguén está no club Bacaropo para lucrarse ou para cobrar un soldo, algo que saben, perfectamente, os responsábeis do PP local”, resposta a rexedora.

Os populares tamén denuncian que “houbo un arranxo ou componenda” por parte da alcaldesa para que esta concelleira dera o seu apoio aos orzamentos municipais deste ano a cambio de axuda ou subvención a este club. Desde o concello suliñan que non hai incompatibilidade ou ilegalidade algunha no feito de que un concelleiro ou concelleira sexa directivo, presidente o dirixente dunha asociación sen ánimo de lucro ou, coma neste caso, dun club deportivo.

García de la Torre lembra que grazas á axuda do concello 13 rapazas e rapaces porriñeses poden xogar ao baloncesto en cadeira de rodas para o cal dispoñen de 30.000€ para o material e 15.000€ máis para gastos ordinarios de funcionamento do club. “Ao mellor ao Partido Popular do Porriño non lle gusta que 13 rapazas e rapaces con diversidade funcional practiquen deporte, ¿por que non queren que o Concello do Porriño subvencione a un club que fai posible que compitan nenas e nenos con diversidade funcional?”, pregúntase a rexedora nun comunicado.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...