InicioVigo e contornaO PorriñoPiden 3 anos de cárcere por estafar 52.000 euros pasándose por un...

Piden 3 anos de cárcere por estafar 52.000 euros pasándose por un construtor en Porriño

O home chegou a estafar 52.000 euros á súa vítima.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide 3 anos de prisión para un home acusado de facerse pasar por responsable dunha empresa de construción inexistente e estafar máis de 52.000 euros a unha muller, coa que acordou construír unha vivenda que non chegou a levantar.

Este home, J.G.P., que xa foi condenado por estafa con anterioridade por un xulgado de de Vigo, será xulgado o xoves na Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Segundo o escrito de acusación do Ministerio Público, o acusado fíxose pasar por responsable dunha empresa de construción que non existe e pactou con M.P.C.L. a construción dunha vivenda no partido xudicial do Porriño (Pontevedra), pola que ela pagaría 138.775,79 euros.

Para ese efecto, ambos asinaron un contrato privado de obra en abril de 2008, e estableceron que a muller abonaría un primeiro pago de 6.000 euros en concepto de provisión de fondos e o resto pagaríao en oito prazos de 16.596 euros.

Deste xeito, a muller fixo o primeiro pago de 6.000 euros e abonou tamén dous dos prazos acordados. Ademais deste diñeiro, a vítima accedeu a facer un pago extraordinario de 13.000 euros adicionais reclamados polo suposto construtor, que alegaba un encarecemento dos materiais e un incremento dos gastos.

Así, o acusado se facía, supostamente, con case 52.200 euros que quedou para el, xa que tampouco pagou aos provedores subcontratados, aos que debía algo máis de 16.000 euros.

De feito, a propia vítima tivo que pagar a estas empresas e, tras constatar que o acusado nin pagaba aos provedores nin avanzaban na obra, acabou contratando a outra construtora para que acabase os traballos.

Por estes feitos, a Fiscalía considera a J.G.P. autor dun delito de estafa, co agravante de reincidencia, e pide para el 3 anos de cárcere. Así mesmo, reclama, en concepto de responsabilidade civil, que indemnice a M.P.C.L. en case 69.000 euros (polo diñeiro estafado e polos gastos a provedores que tivo que asumir a vítima).

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...