InicioCulturaXornal de Vigo consolídase xa como o gran medio online do sur...

Xornal de Vigo consolídase xa como o gran medio online do sur de Pontevedra

Supera a todos os medios dixitais centrados en información de Vigo ou da súa area metropolitana.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xornal de Vigo (XdV) é xa o primeiro gran xornal dixital de Vigo e a súa área metropolitana segundo a clasificación de Alexa (auditora da empresa Amazon). Unha posición que acadou en oito meses de vida e sendo, ademais, o primeiro gran medio en utilizar íntegramente o idioma galego.

Desde o seu nacemento, o pasado 1 de maio, XdV converteuse xa nun referente informativo da principal urbe de Galicia con informacións sobre actualidade política, económica, cultural, deportiva e social de todo o sur de Pontevedra e unha visión diferente a dos grandes medios de comunicación. De feito, presta especial atención a aqueles grandes problemas da cidade que outros xornais pasan por alto ou evitan publicar.

Así, a problemática sanitaria en Vigo, os problemas con Povisa ou Citröen, a pobreza social da cidade ou a polémica coas luces do Nadal foron algúns dos temas máis vistos o pasado ano en Xornal de Vigo.

Redaccion, Equipo,Compañeiros
Miguel Núñez, Enrique Martínez e Xurxo Salgado / XdV

Xornal de Vigo naceu asociado a Galicia Confidencial (GC), o principal medio dixital en galego e un dos máis importantes no panorama mediático dixital de Galicia, só por detrás de La Voz de Galicia e Faro de Vigo. Ambos os dous contan cun acordo para intercambiar información, publicidade e aspectos técnicos. Un acordo que tamén se fai extensivo a outros xornais locais e comarcais que tamén xa son todo un referente na provincia de Lugo como son Xornal da Mariña, Lugo Xornal e Xornal de Lemos.

Calquera persoa, entidade, asociación, partido político ou concello que queira ter voz neste xornal só ten que escribir a redaccion@xornaldevigo.gal Agardamos, como ata o de agora, a vosa participación para contar o que outros calan ou non queren contar.

ÚLTIMAS

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...

Un choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

Dúas lanchas motoras chocaron este mércores no porto deportivo de Baiona e deixaron dúas...

A Universidade de Vigo aproba o convenio para descentralizar Medicina baixo a ameaza dunha “cláusula de saída”

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este martes por asentimento...

Dúas persoas feridas nun choque entre dúas lanchas motoras no porto de Baiona

Dúas persoas resultaron feridas este mércores ao chocar dúas lanchas motoras en Baiona, segundo...