InicioPolíticaCaballero cualifica de"medieval" a intención de Mos de anexionarse parte de Vigo

Caballero cualifica de”medieval” a intención de Mos de anexionarse parte de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou este mércores o intento do Concello de Mos de “mover os marcos e “anexionarse” parte do termo municipal vigués, en concreto, case 50.000 metros cadrados no límite entre ambas as localidades, no chamado polígono do Rebullón.

Segundo explicou o rexedor olívico en rolda de prensa, o concello veciño notificou ao goberno municipal vigués un acordo plenario para o inicio dun expediente de deslinde e a creación dunha comisión para ese efecto. Dita medida afecta a unha parcela de 49.674 metros cadrados, nos que están instaladas unha vintena de naves empresariais.

De feito, detallou Caballero, existe un contencioso en marcha porque Mos leva anos cobrando o IBI a esas empresas, a pesar de que o seu Plan Xeral de Ordenación Municipal non as inclúe dentro dos seus límites territoriais. Así, o Concello de Vigo reclama ao consistorio veciño uns 20.000 euros dese imposto cobrado nos últimos 5 anos.

Abel Caballero advertiu de que “de ningunha maneira” o Concello olívico vai tolerar esa “manifesta ilegalidade”, e cuestionou mesmo se ese acordo plenario podería supor a nulidade da PXOM de Mos. “Que se esquezan”, proclamou, e lembrou que os límites municipais son fixados polo Instituto Xeográfico Nacional e polos propios plans de ordenación de cada concello.

“Menos mal que non lles deu por chegar á Porta do Sol”, ironizou o alcalde, quen sinalou que o Concello de Vigo xa trasladou a súa oposición a esta decisión “medieval” tanto a Mos como ao propio Instituto Xeográfico Nacional. “Á vista disto, enténdense moitas outras cousas”, sentenciou o rexedor vigués.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...