InicioSociedadeO Porriño recibe a peregrinos da Associazione Mulino Sambuy de Turín que...

O Porriño recibe a peregrinos da Associazione Mulino Sambuy de Turín que realizan o ‘CamminAutismo’

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un grupo de peregrinos da Associazione Mulino Sambuy de Turín, en Italia, chegaba este sábado á praza Arquitecto Antonio Palacios do Porriño, en Pontevedra, tras iniciar en Tui o Camiño Portugués a Santiago dentro do seu proxecto ‘CamminAutismo’.

Os camiñantes foron recibidos polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e por concelleiros do equipo de goberno, que os agasallaron con catro bolas de Pan do Porriño. A previsión do grupo é realizar a ruta xacobea en seis etapas, unha por día, e chegar a Santiago o vindeiro xoves. A actividade enmárcase na iniciativa CamminAutismo e, no percorrido, van acompañados por axentes da Gorida Civil para prestarlles apoio.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...