InicioCulturaO Festival de Cans recibe este mércores o premio Alecrín da Cultura...

O Festival de Cans recibe este mércores o premio Alecrín da Cultura das entidades culturais galegas en Cataluña

PUBLICADO O

- Advertisement -

Festival de Cans recibirá este mércores, día 9 de agosto, o premio Alecrín da Cultura, concedido pola Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña (Fegalcat). Foi a asemblea desta federación, que agrupa a 14 entidades culturais galegas, a que quixo conceder a Cans este premio á Promoción Cultural, valorando a traxectoria do certame no ano no que celebra o seu vixésimo aniversario.

A entrega destes premios terá lugar nun acto que se celebrará no Castelo do concello ourensán de Castro Caldelas, presidido pola alcaldesa da localidade, Sara Inés Veiga. Ao evento acudirá tamén o director do Festival, Alfonso Pato, que recollerá o galardón en nome de toda a organización, segundo explican nun comunicado.

Xunto con Cans, recibirán este premio outras personalidades como a escritora María Xosé Porteiro, en Literatura; o escultor Acisclo Manzano, en Artes, ou o grupo Leilía, en Música, tras anunciar este ano a súa retirada dos escenarios.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...