InicioVal MiñorBaionaDenuncian a redución do persoal de Correos no Val Miñor coa suspensión...

Denuncian a redución do persoal de Correos no Val Miñor coa suspensión da quenda de tarde

A CIG asegura que Correos está "a lastrar" o servizo postal en Gondomar, Nigrán, Baiona e Oia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A CIG denunciou este martes a redución do persoal de Correos nos concellos do Val Miñor, que provoca que non haxa servizo de atención ao público en horario de tarde.

Nun comunicado, o sindicado asegurou que Correos está “a lastrar” o servizo postal nas localidades pontevedresas de Gondomar, Nigrán, Baiona e Oia.

“Levan máis dunha década marchando contra corrente. Mentres a comarca creceu en máis de mil veciños nos últimos anos e desenvólvense os polígonos industriais da Pasaxe e de Porto do Molle, Correos reduce persoal de repartición e de oficina“, criticou a CIG.

Ademais, os veciños carecen dunha oficina de atención ao público en horario de tarde na zona. “Outro aspecto que en ningún momento se ten en conta por parte da empresa é o crecemento estival”, engadiu a organización sindical, explicando que no verán se triplica a poboación da comarca.

ÚLTIMAS

Deteñen en Vigo unha muller tras agredir á súa parella

A Policía Local de Vigo detivo o pasado mércores a unha muller por supostamente...

Retencións e tráfico lento na AP-9 á saída de Vigo tras unha colisión entre polo menos cinco coches

Os túneles da Madroa da AP-9 volveron a ser o escenario dunha nova colisión...

Vigo mobiliza 110 millóns para levantar a única fábrica de chips fotónicos de España

O proxecto Sparc e a fábrica de semiconductores fotónicos que se está a construír...

Vigo investirá máis de 2 millóns nunha exposición inmersiva sobre Julio Verne que despois viaxará a París

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a Xunta de Goberno Local aprobará...