InicioEconomíaA Axencia Europa de Control da Pesca freta en Vigo tres novas...

A Axencia Europa de Control da Pesca freta en Vigo tres novas patrulleiras

Servirán como plataformas adicionais para inspección pesqueira da Unión Europea en augas comunnitarias e internacionais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés) presentou este martes tres novas patrulleiras que servirán como plataformas adicionais para inspección pesqueira da Unión Europea en augas comunnitarias e internacionais.

Nun evento no que asistiron diferentes representantes do sector da pesca e as institucións galegas, españolas e europeas, a EFCA puxo en valor estes tres novos buques: Ocean Guardian, Ocean Protector e Ocean Sentinel.

Con pavillón portugués, os barcos despregaranse como patrulleiros pesqueiros grazas a contar con inspectores nacionais e da EFCA para apoiar aos estados membros nos diferentes plans de despregamento conxunto desde o Mediterráneo e o Mar Negro, ata as augas occidentais, o Mar do Norte, o Mar Báltico e as zonas NAFO e NEAFC.

Tal como indicou a directora executiva da EFCA, Susan Steele, os buques tamén se despregarán no marco de operacións polivalentes organizadas no marco da cooperación europea para as funcións de gardacostas.

Ademais dos medios marítimos, a EFCA tamén fretou unha aeronave para realizar servizos de vixilancia aérea para o control da pesca, proporcionando así unha ferramenta adicional para apoiar nos diferentes plans de despregamento conxunto.

Este día marca un fito importante na historia da Axencia. O fretamento de tres plataformas de inspección pesqueira é un punto de inflexión e materializa o noso firme compromiso de apoiar ás autoridades dos estados membro e á Comisión Europea para promover o cumprimento das normas pesqueiras, así como contribuír para un mar seguro, protexido e sustentable”, reivindicou Steele.

Os tres barcos son embarcacións de salvamento e resposta ante emerxencias polivalentes cunha eslora total de 62 metros. Dous deles construíronse en 2018 e o último en 2020.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...

Casco Vello de Vigo prevé máis vivendas coa rehabilitación dun novo edificio na rúa Real

O Consorcio Casco Vello de Vigo informou dos novos proxectos que pretende levar a...

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Manifestación de traballadores de GKN este domingo en rexeitamento do ERE “inxustificado” da compañía

O comité de empresa da auxiliar automobilística GKN convocou este domingo, día 1 de...