InicioEconomíaTodos os portos galegos moveron máis mercancías ata outubro salvo o de...

Todos os portos galegos moveron máis mercancías ata outubro salvo o de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O movemento de mercadorías ata outubro aumentou no acumulado do ano en todos os portos galegos de titularidade estatal salvo no de Vigo. En total, superaron os 28,64 millóns de toneladas transportadas, segundo os datos de Portos do Estado.

Na Coruña, foron 11,9 millóns de toneladas ata outubro, un 24,4 % máis; en Ferrol-San Cibrao 9,72 millóns, un 15,53 % máis; en Vigo 3,88 millóns, un 1,78 % menos; en Marín e Ría de Pontevedra 1,84 millóns, un 4,61 % máis; e en Vilagarcía 1,3 millóns, un 4,5 % máis.

No conxunto estatal, os 46 portos de interese xeral do Estado, xestionados por 28 Autoridades Portuarias e coordinados por Portos do Estado, moveron 472.828.187 toneladas entre xaneiro e outubro de 2022, o cal representa un incremento do 4,56 % respecto ao mesmo período do ano anterior.

ÚLTIMAS

O crime de Lavadores terá que esperar: suspenden o xuízo contra o home acusado de matar a súa irmá a coiteladas no 2024

O xuízo polo asasinato de Mari Carmen, a muller que morreu a coiteladas en...

A Biblioteca do Estado en Vigo dá un novo paso: o Goberno acepta os terreos cedidos polo Concello

A futura Biblioteca do Estado en Vigo dá un novo paso administrativo cara á...

Un SMS que parecía do banco: así estafaron máis de 1,14 millóns de euros a 130 persoas nunha trama cunha detida en Vigo

Unha mensaxe no teléfono móbil, unha suposta transferencia bancaria fraudulenta e unha chamada urxente...

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...