InicioEconomíaTraballadores de Vitrasa amplían os paros parciais e critican o "deixamento e...

Traballadores de Vitrasa amplían os paros parciais e critican o “deixamento e silencio” do Concello

A partir do 28 de novembro os paros aumentarán en media hora por quenda, pasando a ser os luns, mércores e venres de 07,30 a 09,00 horas; de 14,00 a 15,30 horas, e de 00,00 a 01,30 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria de transporte urbano do Concello de Vigo, anunciou que a partir do próximo luns, 28 de novembro, ampliaranse os paros parciais en media hora por quenda, pasando a ser os luns, mércores e venres de 07,30 a 09,00 horas; de 14,00 a 15,30 horas, e de 00,00 a 01,30 horas.

“Vémonos obrigados a tomar esta medida xa que os servizos mínimos decretados polo Concello entendemos que unha vez máis vulneran o noso dereito a folga, posto que á hora que decidiramos realizar os paros unicamente para o 20% do servizo”, criticaron os traballadores nun comunicado.

Por iso, os servizos mínimos foron denunciados á espera de que o xulgado os considere “abusivos” como en anteriores ocasións.

“Lamentamos o prexuízo que podamos causar á cidadanía, pero exercer o noso dereito a folga é a única forma de seguir reivindicando unhas melloras laborais que consideramos imprescindibles”, engadiu o comité, que pide máis tempo de descanso durante a xornada laboral ou unha actualización de salarios, entre outras reivindicacións.

Para os empregados de Vitrasa, é “inexplicable” o “deixamento e o silencio” do Concello, que despois de varias semanas de paros “non tentou mediar nun conflito laboral que afecta a un servizo esencial que é a súa responsabilidade”.

“Tampouco resulta entendible que permita a Vitrasa incumprir o prego de condicións en canto a renovación de frota, redución de frecuencias, liñas e servizos co único obxectivo de mellorar a rendibilidade e en contra dos intereses da cidadanía”, engadiu o comité.

ÚLTIMAS

O crime de Lavadores terá que esperar: suspenden o xuízo contra o home acusado de matar a súa irmá a coiteladas no 2024

O xuízo polo asasinato de Mari Carmen, a muller que morreu a coiteladas en...

A Biblioteca do Estado en Vigo dá un novo paso: o Goberno acepta os terreos cedidos polo Concello

A futura Biblioteca do Estado en Vigo dá un novo paso administrativo cara á...

Un SMS que parecía do banco: así estafaron máis de 1,14 millóns de euros a 130 persoas nunha trama cunha detida en Vigo

Unha mensaxe no teléfono móbil, unha suposta transferencia bancaria fraudulenta e unha chamada urxente...

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...