InicioEconomíaStellantis Vigo volverá parar a súa produción no sistema 1 a principios...

Stellantis Vigo volverá parar a súa produción no sistema 1 a principios da próxima semana

PUBLICADO O

- Advertisement -

A factoría viguesa da compañía automobilística Stellantis volverá parar a súa produción no sistema 1, onde se montan os Peugeot 301 e 2008 e o Citroën C-Elysée, por falta de aprovisionamentos os próximos luns e martes, 14 e 15 de novembro.

“Por causa de forza maior, a consecuencia da falta de aprovisionamentos, suspéndese a actividade do Sistema 1 nas xornadas do luns, 14 de novembro, e martes 15″, informaron desde a compañía aos traballadores.

Así, Stellantis Vigo prevé volver á actividade na súa liña 1 a partir do mércores, día 16 de novembro, ás 06,00 horas.

REDE DE MOI ALTA TENSIÓN

Precisamente sobre Stellantis Vigo falou este xoves en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, quen indicou que a fábrica e a cidade contarán coa rede eléctrica de moi alta tensión.

“Díxeno hai un mes e quéroo volver repetir”, reivindicou Caballero, que non deu máis detalles sobre esta infraestrutura, pero insistiu en que Stellantis si contará con ela.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...