InicioEconomíaO Parlamento galego pide prazos e diñeiro para a conexión de Vigo...

O Parlamento galego pide prazos e diñeiro para a conexión de Vigo con Porto

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os grupos na Cámara galega uníronse para reclamar avances na conexión por liña de alta velocidade ferroviaria entre Vigo e O Porto, para a que demandan prazos e partidas orzamentarias que permitan avanzar nunha infraestrutura que PP, BNG e PSdeG consideran “fundamental”. Así figura nunha iniciativa parlamentaria presentada polo Grupo Popular e que foi aprobada co respaldo de todo o hemiciclo na sesión plenaria celebrada este mércores no Pazo do Hórreo.

O texto, defendido pola deputada do grupo maioritario Teresa Egerique, demanda avances “inequívocos” nos tramos entre Vigo e O Porriño e entre esta localidade pontevedresa e a fronteira lusa a través de partidas nas contas de 2023 “que permitan compasar os tempos á planificación prevista polo Goberno de Portugal”, que establece como marco temporal o ano 2030 para a chegada do AVE a Valença do Minho.

E é que a parlamentaria popular lamentou que o Goberno central “só” orzamentase 29.000 euros de face ao próximo ano e “cero” de cara “aos próximos exercicios” para esta infraestrutura “estratéxica”, o que, a xuízo de Egerique, contrastra coa forma de proceder os seus homólogos en Portugal, que “demostran” o seu compromiso “con prazos, plans e diñeiro”.

Imos apoiar porque é unha actuación fundamental para os dous países e para Galicia. Pero pedimos que non tenten torpedear as relacións dos gobernos de Portugal e España”, aseverou a deputada socialista Patricia Otero, que defendeu que o compromiso do Executivo de Pedro Sánchez coa conexión por alta velocidade entre Vigo e O Porto “é total”

Pola súa banda, o BNG responsabilizou a PP e PSOE de que esta conexión aínda estea pendente de ser unha realidade en 2022, ano no que o AVE Vigo-O Porto vive “un novo tempo” debido ao Goberno portugués, “que lle dixo ‘non’ ao Goberno español, que a súa prioridade non era unha liña entre Madrid e Lisboa”.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...