InicioEconomíaSobe a contratación no sector da agricultura

Sobe a contratación no sector da agricultura

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia asinou 12.716 contratos en agricultura durante o primeiro semestre do ano, fronte aos 13.555 rexistrados o ano pasado, o que se traduce nunha caída do 6,2%, 8,3 puntos porcentuais máis moderada que a media estatal (-14,5%). Deste xeito, o volume de contratos rexistrado no país supón o 1% do total que se rubricaron en España.

Así o constata un estudo da empresa Ranstad que sinala que, a nivel provincial, a contratación en Pontevedra e A Coruña incrementouse con respecto ao primeiro semestre de 2021, un 1 e un 0,5% respectivamente, mentres que en Ourense caeu un 10,9% e en Lugo un 22,8%. En canto aos volumes, A Coruña rexistrou o maior número de firmas no sector (4.841), seguida por Pontevedra (4.161), Lugo (2.584) e Ourense (1.130).

No conxunto do Estado, a agricultura xerou 1.248.638 contratos, dos cales o 74,2% corresponden a contratos de duración determinada (926.790) e o 25,8%, a indefinidos (321.848).

O volume deste ano é un 14,5% inferior ao do seis primeiros meses de 2021, aínda que os indefinidos disparáronse no actual, multiplicándose aproximadamente por cinco. De feito, en 2021, os contratos indefinidos apenas supuñan o 4,3%, mentres que actualmente representan o 25,8%.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...