InicioEconomíaO PSdeG, "satisfeito" co diálogo "frutífero" entre Goberno e Stellantis por unha...

O PSdeG, “satisfeito” co diálogo “frutífero” entre Goberno e Stellantis por unha solución para a planta viguesa

Destaca que o feito de que a empresa non cumpra os prazos nos Perte non significa que deixe de recibir axudas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PSdeG mostrouse “satisfeito” co diálogo “frutífero” que mantén o Goberno estatal co grupo Stellantis para “apostar de forma decidida polo futuro da automoción” e pola concepción dun novo “marco de apoio a unha industria estratéxica para Vigo e Galicia”.

Así o manifestou o secretario de Política Industrial e Transición Enerxética do PSdeG, Ángel Mato, que aplaudiu o “achegamento de posturas” entre as dúas partes para tratar novas liñas de apoio ao sector da automoción, “e máis concretamente ao grupo Stellantis, incluso fora do marco temporal previsto inicialmente nos proxectos estratéxicos previstos polos fondos Next Generation”.

“A imposibilidade de Stellantis de cumprir cos prazos previstos, nos Perte e facer os investimentos precisas non debe ser un impedimento para acceder ás axudas, aínda que sexan doutra natureza”, apuntou Mato, que destacou ademais que estes foron os termos da demanda trasladada por Formoso a Pedro Sánchez.

O responsable socialista de Política Industrial indicou ademais que a planta de Stellantis de Vigo “ten unha importancia capital non só para o tecido industrial galego, senón tamén para o conxunto de España”.

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...