InicioEconomíaO PP denuncia a "baixa execución orzamentaria" do goberno de Caballero, cun...

O PP denuncia a “baixa execución orzamentaria” do goberno de Caballero, cun 9% na primeira metade de ano

Cifra o grao de investimento "real" en 11 millóns de euros fronte aos 120 millóns orzados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz municipal do PP de Vigo, Alfonso Marnotes, denunciou este martes a “baixa execución orzamentaria” do goberno local de Abel Caballero, cifrando o grao de investimento “real” en 11 millóns de euros fronte aos 120 millóns orzados, é dicir, un 9%.

Neste sentido, Marnotes cualificou de “escandaloso” o esborralle do investimento municipal en practicamente todos os capítulos do exercicio orzamentario, como obras, emprego, política social, persoal e deportes.

Segundo el, Caballero é un “home anuncio”, polo que reprochou que o alcalde anunciase ata 15 obras de calado para a cidade que, polo momento, seguen sen data de inicio.

“Se non é capaz de gastar, entón que baixe os impostos”, lamentou Marnotes, engadindo que faltan policías, bombeiros e persoal de servizos sociais, a pesar de que non se gasta todo o orzamento destinado a cubrir estas vacantes.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...