InicioEconomíaSindicatos reclaman á Xunta que convoque de forma "urxente" a mesa do...

Sindicatos reclaman á Xunta que convoque de forma “urxente” a mesa do naval da Ría de Vigo

Advirten dunha caída progresiva do sector como consecuencia da falta de carga de traballo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Responsables de Industria dos sindicatos CIG, CC.OO. e UGT en Vigo mantiveron este luns un encontro coa secretaria territorial da Xunta na cidade, Ana Ortiz, no que solicitaron a convocatoria “urxente” da mesa do naval da Ría de Vigo.

Tal como indicaron os sindicatos, o obxectivo desta mesa é abordar a “grave crise” que atravesa unha industria “fundamental” para a comarca e “estratéxica” para o conxunto de Galicia e de España.

Para eles, é “imprescindible” pór en marcha solucións á “crítica” situación na que se atopan os principais estaleiros, como Barreras, Vulcano ou Metalships, o que está a provocar, ao seu xuízo, unha caída progresiva do sector como consecuencia da falta de carga de traballo.

Por iso, a CIG, CC.OO. e UGT apostaron por accións conxuntas e unha estratexia común que permita a recuperación do sector, comezando pola convocatoria da mesa do naval na que estean representados as principais organizacións sindicais, as empresas e as administracións, a través da autoridade laboral da Xunta en Vigo e da Inspección de Traballo de Pontevedra.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...

Caballero acusa á Xunta de querer devaluar ás Illas Cíes por non defender que sexan Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acusou este venres á Xunta de pretender "devaluar"...