InicioEconomíaLuz verde a unha nova área comercial e industrial na antiga zona...

Luz verde a unha nova área comercial e industrial na antiga zona chabolista do Caramuxo

A actuación atrasouse ao longo dos anos polos litixios enre a promotora e os residentes do poboado chabolista.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello da Xerencia de Urbanismo de Vigo aprobará inicialmente este martes o Plan Especial de Reforma Interior (PERI) dun ámbito entre Navia e O Caramuxo, onde se construirá unha área industrial e comercial a cargo da promotora Global Fitness Sport.

A actuación atrasouse ao longo dos anos polos litixios enre a promotora e os residentes nun poboado chabolista nesa zona, pero este martes recibirá a luz verde inicial do Concello.

Segundo explicou o alcalde, a promotora actuará en case 31.000 metros cadrados, para crear unha trama urbana que dea continuidade ao barrio de Navia, con áreas industriais e de uso terciario, e case 300 prazas de aparcadoiro.

Abel Caballero trasladou que o PERI terá a súa aprobación definitiva ao longo do ano e as posteriores obras de urbanización teñen un prazo de execución doutros dous anos.

ÚLTIMAS

UGT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UGT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...