InicioEconomíaAprobadas as expropiacións para o acondicionamento da estrada PO-315 en Cangas

Aprobadas as expropiacións para o acondicionamento da estrada PO-315 en Cangas

Terá un investimento de case 227.000 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia publicou este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación das expropiacións para as obras de acondicionamento da estrada PO-315 ao seu paso polo concello de Cangas, que suporán un investimento de case 227.000 euros.

A actuación, que terá lugar en dous tramos desta vía autonómica, mellorará os itinerarios peonís, a estrada e outros elementos co obxectivo de reforzar a seguridade viaria, segundo indicou o Goberno galego.

Foi o pasado 25 de maio cando o Consello da Xunta autorizou as expropiacións necesarias para levar a cabo esta obra, que pretende reducir a posibilidade de aparición de sinistros na zona.

A previsión é convocar o levantamento das actas previas das expropiacións no segundo semestre deste ano. A actuación ten un prazo de execución de catro meses.

En concreto, actuarase en dous tramos da estrada. O primeiro está situado no seu paso pola parroquia de Aldán, onde se construirán novas beirarrúas accesibles e unha pasarela peonil sobre o río para continuar a dita beirarrúa.

O segundo tramo compréndese entre os puntos quilométricos 13+200 e o 13+550, onde levarán a cabo tres actuacións puntuais para dar continuidade á beirarrúa actual, na parroquia de Darbo.

ÚLTIMAS

Detido un home tras acceder ao Hospital Povisa armado cun coitelo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo procederon este luns á detención dun...

O trastaravó do Papa León XIV era do Porriño

O cóengo-arquiveiro da Catedral de Tui, Avelino Bouzón, publicou unhas pescudas nas que confirma...

O BNG de Vigo propón converter a antiga estación de buses nun centro sociocultural e aparcadoiro público

O grupo municipal do BNG de Vigo presentou este luns unha proposta para transformar...

O Sergas nega o colapso das Urxencias en Vigo e asegura que a atención está garantida

O Sergas saíu ao paso das denuncias do persoal e do alcalde de Vigo...