InicioEconomíaO sector do mar da Guarda entra na era tecnolóxica

O sector do mar da Guarda entra na era tecnolóxica

Palangreiros da Guardaapostan pola tecnoloxía para mellorar as condicións de traballo e seguridade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Orpagu, que representa a uns 80 buques palangreiros da Guarda e Portugal, presentou este mércores na feira Navalia a súa iniciativa DIGIPRO, que entra agora na súa segunda fase, e que persegue a mellora das condicións de traballo e seguridade a bordo, a través da dixitalización de sistemas de comunicación.

Así, segundo explicou Juana Parada, directora-xerente de Orpagu, xa se instalaron sistemas de internet de banda ancha en 9 buques, cos seus respectivos equipos, e nesta segunda fase habilitarase o centro de operacións en terra, onde se recibirán en tempo real todos os datos do buque relativos a localización, temperatura, proceso de conxelación, consumo de combustible, etc.

A finalidade deste proxecto é poder coñecer de inmediato calquera fallo no funcionamento dos barcos, creando unha canle de comunicación en tempo real entre os buques e terra. Na fase final do proxecto crearase un cadro de mandos compartido entre o patrón e o persoal de terra de Orpagu, que aumentará a seguridade tanto para a tripulación como os produtos que se manexan a bordo.

Grazas á banda ancha, a organización pode facer un seguimento dos seus barcos en todos os caladoiros do mundo, e tamén pode detectar calquera incidencia. Ademais, esa conexión de alta calidade mellorou tamén as condicións de vida a bordo, xa que os mariñeiros poden ter mellor comunicación coas súas familias, gozar de películas ou eventos deportivos.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...