InicioEconomíaO BNG propón facer un estudo urxente para crear unha empresa municipal...

O BNG propón facer un estudo urxente para crear unha empresa municipal de bus ante a situación en Vitrasa

A empresa fala de risco de quebra e propón ao seu persoal unha rebaixa salarial do 30% e incrementar a súa xornada laboral anual.

PUBLICADO O

O BNG de Vigo propuxo que o Concello encargue de forma urxente un estudo para valorar a constitución dunha empresa municipal de servizos que asuma a xestión directa do bus urbano na cidade, ante a situación da actual concesionaria, Vitrasa, que anunciou un descolgue salarial ante o risco de quebra.

Así, tras as “presuntas perdas millonarias” da empresa, que propuxo ao seu persoal unha rebaixa salarial do 30% e incrementar a súa xornada laboral anual, a fronte nacionalista urxiu ao goberno de Abel Caballero a actuar porque “se está xogado cun servizo esencial” e tamén, “de maneira inxustificada, arbitraria e irresponsable”, coas condicións de traballo do persoal da concesionaria.

Así o trasladou o concelleiro do BNG, Xabier Pérez Igrexas, tras manter un encontro con membros do comité de empresa de Vitrasa, e advertiu de que non hai constancia, á vista das contas de 2021 rexistradas pola empresa, de que estea acreditado o desequilibrio financeiro que argumenta Vitrasa para reducir soldos.

“Estamos diante dun evidente exercicio de enxeñaría contable para fabricar un escenario de perdas que xustifique novamente a petición de transferencias económicas para esta empresa privada”, denunciou Pérez Igrexas, que censurou a falta de medidas por parte do Concello e preguntou a Abel Caballero “que vai facer” á marxe de “declaracións” e “boas paalabras”, que “non van frear este abuso laboral”.

Pola súa banda, o membro do comité, Javier Fernández (CIG), afirmou que o servizo de bus está en mans dunha empresa “cun ánimo de lucro desmesurado, reducindo servizos, pedindo millóns de euros por vía xudicial ao Concello e agora empobrecendo o persoal”.

ÚLTIMAS

O TSXG confirma a condena a comuneiros de Cabral, que deben reverter as obras dun parking en Peinador

OO Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou o fallo do Xulgado do Contencioso-Administrativo número...

O BNG de Vigo denuncia a falta de auga potable no IES de Beade, e goberno local e Xunta cúlpanse mutuamente

O grupo municipal do BNG en Vigo denunciou este luns que o IES de...

A Deputación envía ao Concello o convenio para a bancada de Gol, que podería asinarse “esta semana”

A Deputación de Pontevedra enviou este luns ao Concello de Vigo o convenio para a reforma da bancada de...

A taxa de criminalidade increméntase no primeiro trimestre un 5,3% en Vigo

A taxa de criminalidade creceu un 16,4% no primeiro trimestre deste ano na cidade...