InicioTui estréase en Fitur co foco posto no atractivo do Miño e...

Tui estréase en Fitur co foco posto no atractivo do Miño e o patrimonio sefardí

Dende o Concello aseguran que Tui estará presente "con protagonismo propio" na feira internacional.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Tui levará as súas propsotas á Feira Internacional de Turismo (Fitur), que dende este mércores 19 até o domingo 23 se terá lugar en Madrid. O consistorio prepara catro liñas de actuación para deixar pegada da vila do Baixo Miño nunha das maiores citas internacionais do turismo.

Á cita acudirá tamén o rexedor Enrique Cabaleiro, que ten previsto desprazarase este mércores e xoves a Madrid para participar nas distintas actividades nas que Tui estará presente “con protagonismo propio”, explican.

Tui estrearase no Fitur –esta é a súa primeira edición– facendo fincapé, por unha banda, no atractivo do Miño como destino “navegable”, iniciativa compartida con Salvaterra do Miño e Turismo de Galicia. Á parte do Camiño de Santiago, o outro gran atractivo da vila correrá ao cargo do seu pasado e patrimonio xudeu, que destacará tanto de parte doutros concellos galegos como na presentación do libro “Destinos de Sefarad”, segundo da colección da Rede de Xuderías, que participa na Feira por cuarto ano consecutivo.

A deste ano 2022 é a primeira ocasión na que Tui está presente en ata catro eventos nesta feira de singular transcendencia para o sector turístico. Dende o Concello destacan a “importante aposta” realizada en prol da “divulgación e promoción dos recursos turísticos” da vila.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...