InicioEconomíaUn xulgado de Vigo declara a relación laboral entre Glovo e 97...

Un xulgado de Vigo declara a relación laboral entre Glovo e 97 repartidores

A xuíza lembra no seu fallo a sentenza do Tribunal Supremo que establece que Glovo toma "todas as decisións comerciais".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado do Social número 5 de Vigo estimou a proposta formulada pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social e declara a relación laboral entre a empresa Glovo e 97 repartidores (‘riders’ no termo inglés) da provincia de Pontevedra.

A xuíza lembra no seu fallo a sentenza do Tribunal Supremo que establece que Glovo toma “todas as decisións comerciais”.

“O prezo dos servizos prestados, a forma de pago e a remuneración aos repartidores fíxase exclusivamente por esa empresa. Os repartidores non perciben os seus honorarios directamente dos clientes finais da plataforma, senón que o prezo do servizo recíbeo Glovo, quen posteriormente abona a súa retribución aos repartidores. Iso evidencia que Glovo non é unha mera intermediaria entre clientes finais e repartidores“, recolle a resolución xudicial.

Contra esta sentenza, con data de 30 de decembro de 2021, cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...