InicioEconomíaCaballero admite agora que Vigo "non ten garantido" o AVE por Cerdedo

Caballero admite agora que Vigo “non ten garantido” o AVE por Cerdedo

Reclama "garantías políticas, sen deixar dúbidas nin dilacións".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde Abel Caballero admitiu este martes que Vigo “é a maior cidade de España que, neste momento, non ten garantido o AVE”, e insistiu en que o trazado pola variante de Cerdedo (o único que permite a conexión nun tempo competitivo ao seu xuízo) é “irrenunciable”.

Así o trasladou o rexedor menos dunha semana despois de que o mesmo Abel Caballero sentenciase que o trazado por Cerdedo estaba “garantido”. Así, o pasado xoves, o primeiro edil vigués sentenciaba: “Ímolo facer, garántoo eu, que son o alcalde de Vigo e seguirei sendo alcalde, e levo todo o meu mandato pelexando por ese tren”.

Este martes, no entanto, o alcalde trasladou que ese “AVE directo” non está asegurado, e advertiu de que, a pesar dos avances producidos coa chegada de Pedro Sánchez ao Goberno de España (co inicio do estudo hidroxeolóxico), “é imprescindible continuar adiante para completalo no tempo máis breve posible”.

“Vigo é a maior cidade de España que, neste momento, non ten garantido o tren de alta velocidade”, subliñou Caballero, que insistiu en que, para esta urbe “industrial e dinámica”, e para o sur da provincia, “é imprescindible ter AVE”.

Por outra banda, lembrou que no último cume hispano-luso acordouse dar luz verde ´á saída sur ferroviaria de Vigo para conectala por alta velocidade con Lisboa e Porto. Pero, recalcou, “iso necesita unha conexión directa con Madrid” para estender a liña ferroviaria desde Vigo ao centro da meseta e, desde aí, ao resto de Europa.

PIDE “GARANTÍAS POLÍTICAS” PORQUE “A VIGO NON CHEGA O AVE”

Para Abel Caballero, “non é certo que o AVE chegue a Galicia”, senón que “chega a unha parte”, porque Vigo aínda carece desa conexión directa. Así, o actual contexto xera “un feito absolutamente imposible de aceptar”, e é que “o AVE da Coruña a Madrid tarda unha hora menos que de Vigo a Madrid, e Vigo está 60 quilómetros máis preto de Madrid que A Coruña”. “A Vigo non chega o AVE, e é irrenunciable”, reiterou.

ÚLTIMAS

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...