InicioEconomíaA CUT sae ás rúas de Vigo para denunciar a "farsa" da...

A CUT sae ás rúas de Vigo para denunciar a “farsa” da reforma laboral

Anuncia que continuarán coas mobilizacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúcias de persoas percorreron as rúas de Vigo na tarde deste martes baixo o lema “Derrogación si ou si: non máis farsas!” para mostrar o seu malestar coas políticas do Goberno central.

“Non é máis ca unha farsa que montaron o goberno, a patronal e os sindicatos traidores para aprobar unha nova reforma que, como todas as anteriores, vai ir contra a clase traballadora”, denuncia a CUT, o sindicato convocante.

O sindicato denuncia a falta de transparencia e de información certa e
considera que “pouco ou nada se fala dos contidos” porque o debate sitúase na apariencia” e lamentan que, en realidade, “o contido da reforma laboral xa está decidido dende o eixo do poder”.

“O día de onte foi para o sindicato o comezo dun camiño de retorno ás rúas porque é onde imos gañar o noso futuro”, sinalou a central nun comunicado onde a nuncia que continuarán pola vía da mobilización e a acción sindical.

ÚLTIMAS

O Celta-Xetafe desta fin de semana, de alto risco

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...

Caballero reclama á Deputación de Pontevedra 6,25 millóns en investimentos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu en reclamar á Deputación de Pontevedra investimentos...

Ordenan prisión para o home que quixo queimar a casa da súa exmuller en Tomiño coa súa filla dentro

O xulgado de instrución número 1 de Tui acordou o ingreso en prisión provisional,...

Arremeten contra unha xornalista no terceiro intento de desaloxo da casa ocupada na rúa Pardavila

Unha muller que estaba a ser desaloxada dunha casa ocupada desde hai anos en...