InicioEconomíaSindicatos contra Nueva Pescanova: "Quere xogar na liga internacional con traballadores do...

Sindicatos contra Nueva Pescanova: “Quere xogar na liga internacional con traballadores do terceiro mundo”

Anuncian mobilizacións ante a "falta de vontade" da empresa na negociación do convenio.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os sindicatos con representación en Nueva Pescanova (CIG, CC.OO., UGT, USO e CUT) anunciaron este martes un calendario de mobilizacións ante a “falta de vontade” da empresa no proceso negociador do novo convenio, e criticaron que, despois dun ano de contactos, a multinacional só ofrece “migallas” a un persoal que “deu o callo” durante a pandemia e aceptou ata agora a contención salarial.

Nunha rolda de prensa, o responsable comarcal da FGAMT-CIG, Suso García, denunciou que a empresa ofrece un convenio para catro anos, con subidas salariais que suman un total dun 3 % nese período, e que expón medidas de flexibilidade “total”. “É unha tomadura de pelo, despois dun ano en que os traballadores estiveron nos centros de traballo dando o callo, mentres os altos e medios directivos estaban na súa casa traballando telematicamente”, sinalou.

Por iso, o persoal iniciará mobilizacións, con concentracións os próximos 13 e 20 de decembro ante a sede principal de Abanca en Vigo, xa que a entidade financeira é a accionista maioritaria da pesqueira, e avanzou que “non se descarta facer paros antes de Nadal”.

Na mesma liña, Francisco Villar, de CC.OO., subliñou que “o principal problema” é que os traballadores “senten desprezados”, e mentres a empresa fai “fichaxes galácticos” de directivos que cobran soldos astronómicos, ten operarios que ingresan pouco máis que o Salario Mínimo Interprofesional. “É unha vergoña que unha marca tan importante como Nueva Pescanoca, que xoga na liga internacional, queira ter traballadores do terceiro mundo”, aseverou.

Por outra banda, tanto os representantes de UGT, como de USO ou da CUT, advertiron de que as mobilizacións que se convoquen a partir de agora “serán só responsabilidade da empresa” e na súa man está sentar a negociar “de forma responsables”, con propostas “acordes co esforzo do persoal”.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...