InicioEconomíaEn defensa dun ferrocarril "público e social"

En defensa dun ferrocarril “público e social”

Vigo e A Coruña  acolleron senllas concentracións convocadas pola Coordinadora Galega polo Tren Público Social e Sostible.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo e A Coruña  acolleron este venres senllas concentracións convocadas pola Coordinadora Galega polo Tren Público Social e Sostible para esixir un ferrocarril “público, social, ecolóxico e sustentable”.

Decenas de persoas participaron nas concentracións, celebradas nas estacións de tren de Vigo-Guixar e A Coruña-San Cristóbal.

Nelas, exhibiuse unha pancarta coa lema da convocatoria, ‘Por un ferrocarril público e social’, e procedeuse á lectura dun manifesto coas principais reivindicacións. Entre estas, está un tren que “vertebre o territorio e que sexa sustentable co medio ambiente”, ademais da instalación dunha rede de proximidade en Galicia.

Esta convocatoria enmarcouse nas protestas celebradas a nivel estatal por todas as plataformas en defensa do tren, coincidindo coa celebración do Ano do Ferrocarril.

O membro da Coordinadora e portavoz da Plataforma en Defensa do Tren da Coruña-As Mariñas, Alberto Díaz, trasladou o rexeitamento da primeira entidade a un tren de alta velocidade “porque supón a desvertebración do territorio e o desmantelamento de liñas”.

“Consome todo o orzamento”, dixo tamén. Por iso, pediu unha “moratoria” neste tipo de liña e un investimento nas convencionais para “favorecer a mobilidade” e facelas “máis sustentables”, de forma tamén que se reduza o tráfico rodado en cidades cun alto nivel de desprazamentos.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...