InicioEconomíaCaballero afirma que o AVE Vigo-Madrid en 4 horas e 16 minutos...

Caballero afirma que o AVE Vigo-Madrid en 4 horas e 16 minutos é a “velocidade máxima” coas actuais vías

O alcalde recorda que os tempos se poderían reducir coa 'variante de Cerdedo', que "Ana Pastor meteu nun caixón".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou este mércores que o tempo de viaxe para conectar Vigo e Madrid por AVE (pasando polas inmediacións de Santiago) anunciado por Renfe, de 4 horas e 16 minutos, é o resultado da “máxima velocidade que permiten as actuais vías”, e lembrou que os tempos se reducirán en canto se poña o funcionamento a ‘variante de Cerdedo’, que “Ana Pastor meteu nun caixón”.

O rexedor admitiu que esas 4 horas e 16 minutos supoñen “o aproveitamento máximo de velocidade” que permite a infraestrutura, facendo o percorrido Vigo-Pontevedra-‘bypass’ de Santiago-Ourense-Madrid. “E eu conseguín que non parase en Santiago nin en Vilagarcía”, lembrou Caballero.

Segundo o alcalde, o tempo desa conexión mellorará o ano que vén, coa posta en marcha dos novos trens que reducen en 20 minutos a viaxe, e aínda máis coa variante de Cerdedo, que permitiría Vigo-Madrid en tres horas e media.

Respecto diso, volveu denunciar que o Goberno do PP, con Ana Pastor como ministra de Fomento, “meteu nun caixón” esa variante (que permite a conexión Vigo-Pontevedra-Ourense-Madrid) e que o actual Executivo, presidido por Pedro Sánchez tivo que “empezar de cero” e encargar o estudo hidroxeolóxico dese trazado.

ÚLTIMAS

Vigo crea ‘A Navideña’, unha “Compostelana” que acredita a visita á cidade durante as festas

OO alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a creación de "A Navideña", un certificado...

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

Tres menores provocan a detendión dun presunto pedófilo tras crear unha conta falsa en redes

A Garda Civil de Vigo detivo a un home de 47 anos, veciño de...