InicioEconomíaStellantis Vigo suspende novamente a súa actividade este fin de semana por...

Stellantis Vigo suspende novamente a súa actividade este fin de semana por problemas de aprovisionamento

PUBLICADO O

- Advertisement -

A planta do grupo Stellantis (antes PSA Peugeot Citroën) en Vigo anunciou a suspensión da súa actividade para este fin de semana por problemas de aprovisionamento.

Segundo trasladou a dirección da empresa ao persoal, este fin de semana non traballarán ningunha das dúas liñas de montaxe, nin a M1 (que produce o Peugeot 2008, o Peugeot 301 e o C-Elysée), nin a M2 (que produce os monovolúmenes e as furgonetas).

De feito, a M2 está parada desde o pasado luns por eses problemas de falta de compoñentes, que teñen a súa orixe na crise global dos semiconductores (‘microchips’). Está previsto que ambas as liñas de montaxe volvan ao traballo a partir do luns 20 de setembro.

Os problemas de aprovisionamento provocaron paradas intermitentes nos sistemas de produción da planta viguesa. De feito, hai uns días a empresa anunciou a suspensión temporal da quenda de fin de semana da M2.

ÚLTIMAS

Un cargueiro á deriva fronte a Portugal é remolcado a Vigo tras quedar sen temón

O cargueiro Xeral Eikborg, de bandeira neerlandesa, está a ser remolcado este venres ata...

Sanidade garante a atención aos usuarios de Povisa e abre unha investigación polas denuncias de falta de médicos

A Consellería de Sanidade reiterou este venres que os usuarios do hospital vigués Hospital...

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

O Goberno inicia en Vigo a construción dunha planta de fotónica vinculada á Universidade de Vigo

O ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López, participou este...