InicioEconomíaA Xunta ve "potencial" económico para o estaleiro de Barreras

A Xunta ve “potencial” económico para o estaleiro de Barreras

Instan a "crear un clima favorable" para atraer investimento e a oposición lémbralle o caso Pemex.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Condena, chamou a “crear un clima favorable” para atraer investidores para o estaleiro de Barreras, pois o seu potencial “segue sendo evidente” e “é responsabilidade de todos colaborar activamente para alcanzar a mellor solución posible”.

En resposta no pleno do Parlamento a unha interpelación do BNG, Conde requiriu ao Goberno central un “compromiso claro coa estabilidade de Barreiras para achegar certezas” ante o proceso de venda no que está inmerso, co fin de “construír un novo proxecto industrial estable e con futuro”.

O principal obxectivo é que Barreras teña un futuro industrial e que podamos manter os postos de traballo”, deixou claro. Respecto diso, expón o “compromiso” do Goberno galego para unha “saída viable para Barreras”. Aquí, referiuse a a necesidade de identificar un socio industrial, de maneira que se poña en marcha un “novo proxecto” que impulse “un cambio de rumbo”.

PEMEX

Entre outros apoios, defendeu que a Xunta dá continuidade no período 2021-22 á liña de préstamos para auxiliares, cun investimento de 18 millóns e un prazo de presentación de solicitudes aberto ata o 30 de decembro. Pola súa banda, María do Carmen González (BNG) lamentou que Barreras “leva 10 anos en crises”, nunha situación que “se agravou” coa entrada da “mentira” de Pemex auspiciada pola Xunta.

Por iso, a deputada nacionalista esixe ao Goberno galego que “se poña á fronte desta crise” e “asuma as súas responsabilidades”, de forma que poñan en marcha un plan para sector galego e convoquen á mesa do naval para “trazar unha folla de ruta que garanta futuro”.

ÚLTIMAS