InicioEconomíaVigo mantén o lecer nocturno pechado e o certificado covid para hostalaría...

Vigo mantén o lecer nocturno pechado e o certificado covid para hostalaría interior

Se non se producen cambios relevantes na situación epidemiolóxica, estas últimas restricións estenderanse ata o 21 de agosto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As sete grandes cidades galegas mantéñense esta semana en nivel alto, polo que os seus locais de lecer nocturno continuarán pechados ao entrar en vigor as restricións acordadas polo comité clínico da Xunta este pasado martes e que se estenderán –se non se producen cambios relevantes na situación epidemiolóxica– ata o 21 de agosto.

Ademais, debido ao nivel alto, os locais hostaleiros das urbes deberán esixir certificado covid para o interior, ao 50% da súa capacidade –no exterior, tamén ao 50%, non será necesario documento acreditativo–.

A estas medidas súmase a prohibición de reunións de non conviventes entre as 01,00 horas e as 06,00 horas da madrugada, así como a limitación, en todo o territorio galego, do número de persoas que se poden reunir en espazos públicos ou privados –seis, en interiores; e dez, en exteriores–, durante o resto do día.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Un erro ao alimentar unha caldeira de leña con carbón provoca unha intoxicación por monóxido de carbono en Oia

Unha persoa foi trasladada ao Hospital de Povisa, en Vigo, con síntomas de intoxicación...

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...