InicioSociedadeStellantis Vigo realizará novas paradas de produción durante este mércores e este...

Stellantis Vigo realizará novas paradas de produción durante este mércores e este xoves

Estas paradas súmanse ás múltiples que tiveron lugar desde principios de ano.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A planta de Vigo do grupo Stellantis (antes PSA Peugeot Citroën) realizará novas paradas de produción durante este mércores e este xoves debido a problemas de subministración. Así o trasladou a dirección da fábrica aos traballadores nunha comunicación na que explicou que esta medida se adoptará como consecuencia de “a falta de aprovisionamentos”.

En concreto, suspenderase a actividade da quenda de noite nos dous sistemas de montaxe durante este mércores. Ademais, a parada de produción afectará as quendas A e B do Sistema 1 este xoves.

Estas paradas súmanse ás múltiples que tiveron lugar desde principios de ano por falta de compoñentes que serven provedores afectados pola ‘crise dos microchips’.

Para afrontar este escenario, a planta de Balaídos ten en marcha un ERTE pactado coa maioría do comité de empresa que contempla a regulación dos traballadores fixos a tempo completo durante un máximo de 60 días, e que está en vigor ata final de ano.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...