InicioEconomíaCaballero anuncia a exención do recibo do lixo para 2.000 locais hostaleiros

Caballero anuncia a exención do recibo do lixo para 2.000 locais hostaleiros

Supoñen un 12 por cento do total de establecementos da cidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este venres unha exención do cento por cento no recibo do lixo de 2021 para 2.000 locais de hostalaría da cidade, que supoñen un 12 por cento do total de establecementos, como medida de apoio pola crise provocada pola pandemia de Covid.

O rexedor explicou que esta rebaixa custará ás arcas municipais case un millón de euros, e beneficiará a toda a hostalaría, singularmente locais de lecer nocturno: 9 discotecas, 120 pubs, 1.281 cafetarías e 270 restaurantes de diferentes categorías.

O sector turístico, que tivo limitacións pero non peche total durante a pandemia, conta cunha redución do 75 por cento nesta taxa para outros 90 negocios, entre hoteis, hostais e axencias de viaxes.

A rebaixa tamén se aplicará a establecementos de hostalaría situados en clubs ou asociacións, polo que se suman 130 actividades máis, así como 62 ximnasios e 6 cinemas.

Abel Caballero enmarcou esta medida nas actuacións de apoio ao sector, entre as que tamén están as bonificacións fiscais aplicadas durante o tempo de peche por decreto autonómico (auga, lixo e vao comercial), ou a chamada ‘taxa cero’ a terrazas.

Segundo recalcou, o apoio total do Concello ao sector ascende a 5 millóns de euros, “sen ter competencia e sen recibir fondos nin do Goberno de España nin da Xunta de Galicia”.

ÚLTIMAS

Unha rolda de prensa do PPdeG nun narcopiso “rebenta” un operativo policial en marcha en Vigo

O subdelegado do Goberno na provincia de Pontevedra, Abel Losada, mostrouse este luns "escandalizado"...

7,1 millóns para o Casco Vello de Vigo e novas obras viarias e peonís en varias localidades

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Goberno galego destinará ao Consorcio...

Caballero esixe á Xunta a devolución de Eiras pola “ineptitude” coas válvulas e o cesamento de Ángeles Vázquez

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este luns á Xunta a devolución da...

O catedrático Jacobo Porteiro, terceiro candidato ao Reitorado da UVigo

O catedrático na área de Máquinas e Motores Térmicos na Escola de Enxeñaría Industrial...