InicioEconomíaStellantis Vigo volve quedar bloqueada pola crise dos microchips

Stellantis Vigo volve quedar bloqueada pola crise dos microchips

Volverá suspender a súa produción algúns días da próxima semana,

PUBLICADO O

- Advertisement -

A planta do grupo Stellantis (antes PSA Peugeot Citroën) en Vigo confirmou este venres que volverá suspender a súa produción algúns días da semana que vén debido a problemas de subministración que teñen a súa orixe na chamada ‘crise dos microchips’.

Así, a dirección da factoría informou o persoal de que o sistema 1 (que monta o Peugeot 301, o Peugeot 2008 e o C- Elysée) non traballará nin o luns 21 nin o martes 22 de xuño. As quendas de día deste sistema incorporaranse o mércores, e volverán parar o xoves 24 de xuño, mentres que a quenda de noite, pola súa banda, parará tamén o día 23 e reincorporarase á actividade o xoves 24.

Pola súa banda, o sistema 2 (que monta as furgonetas) traballará normalmente os días 21, 22 e 23 de xuño, ata a quenda de noite, que non terá actividade, así como as quendas de día do día 24.

Os dous sistemas da planta viguesa estiveron parados o pasado domingo e o luns desta semana, retomando a produción o martes. Estas paradas e as que se prevén, súmanse ás outras moitas que a fábrica sufriu desde principios de ano por falta de compoñentes que serven provedores afectados pola ‘crise dos microchips’.

Para afrontar este escenario, Stellantis Vigo ten en marcha un ERTE pactado coa maioría do comité de empresa (agás os sindicatos CIG e CUT), que contempla a regulación dos traballadores fixos a tempo completo durante un máximo de 60 días, e que está en vigor ata final de ano.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...