InicioEconomíaPecha Faro, a produtora referente da provincia de Pontevedra

Pecha Faro, a produtora referente da provincia de Pontevedra

Mandará á rúa a 42 traballadores que xa iniciaron unha folga.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os traballadores de Produtora Faro convocaron unha folga indefinida a partir deste mércores, 28 de abril, tras o anuncio da empresa do seu peche definitivo. Tal e como informa FESMC-UGT nun comunicado, o principal motivo da convocatoria de folga é que se comunicou ao persoal que non existe liquidez para pagar as nóminas deste mes e a falta de información sobre a gravidade do problema.

Produtora Faro ten un persoal de 42 traballadores, a metade dos cales son fixos descontinuos. O comité da empresa púxose en contacto coa dirección da produtora para interesarse pola situación que levou a tomar esta medida tan drástica. “A empresa alega que nos últimos anos era consciente de que arrastraba problemas económicos que podían derivar nun peche”, apuntan desde o sindicato.

Unha das medidas para tentar liquidar a crise financeira da firma foi a negociación de tres expedientes de regulación de emprego temporal (ERTES) cos traballadores desde o ano 2014.

TVG

Produtora Faro é unha empresa referente no sector audiovisual no sur de Galicia, con máis de trinta anos de historia, a maioría deles traballando para a Televisión de Galicia. De feito, ata o pasado 17 de abril gravouse nas súas instalacións viguesas o programa da canle pública galega “Que nos pille revolando”. De feito, nestes momentos nas instalacións da empresa está a realizarse un programa para TVG no que participan traballadores de Produtora Faro e doutra empresa.

Desde a súa creación realizou numerosos formatos para distintas canles de televisión, como series, documentais, películas de cinema, magacíns e programas de entretemento, sendo o seu principal cliente a Televisión de Galicia.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...