InicioEconomíaPortugal si aposta pola liña ferroviaria O Porto-Vigo

Portugal si aposta pola liña ferroviaria O Porto-Vigo

A electrificación da 'Liña do Minho' no norte portugués reduce en 15 minutos o traxecto entre O Porto e Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A electrificación da ‘Liña do Minho’, que une as localidades do norte portugués Viana do Castelo e Valença, permite reducir a duración do traxecto entre Vigo e O Porto, pois a viaxe entre Valença e a cidade do Douro acúrtase 15 minutos.

A inauguración da actuación tivo lugar este luns na estacion ferroviaria de Valença nun acto ao que asistiu o primeiro ministro de Portugal, Antonio Costa, e o ministro de Infraestruturas, Pedro Nuno Santos. A actuación supuxo un desembolso de máis de 19 millóns de euros para electrificar os 49 quilómetros que unen Viana do Castelo e Valença, na fronteira con Galicia.

Segundo destaca nun comunicado Eixo Atlántico, coa finalización desta obra, que se suma ás realizadas no tramo entre Nime e Viana, toda a ‘Liña do Minho’ queda dotada do sistema de tracción eléctrica desde O Porto a Valença.

AECT RÍO MINHO

Pola súa banda, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño lamentou que a visita do primeiro ministro portugués á Raia non servise para que Costa anunciase a apertura da fronteira “nin as necesarias compensacións polo dano económico que está a causar o peche ás persoas traballadoras e ás empresas dun e outro lado”.O tr

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...