InicioEconomíaA Xunta volve reclamar ao Goberno central un plan de investimentos para...

A Xunta volve reclamar ao Goberno central un plan de investimentos para o AVE Vigo-O Porto

Considérao "unha prioridade conxunta" de Galicia e Portugal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta volveu a reclamar este venres ao Goberno central que concrete un plan de investimentos para o trazado de alta velocidade ferroviaria que conecte Vigo coa cidade lusa do Porto, unha infraestrutura “estratéxica” para a competitividade da eurorrexión e que é “unha prioridade conxunta” de Galicia e Portugal.

Así o manifestou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, que este venres mantivo unha reunión de traballo, na localidade portuguesa de Melgaço, coa ministra de Coesão Territorial do país veciño, Ana Abrunhos.

Tras a reunión, a conselleira subliñou que hai que sumar esforzos e “avanzar en proxectos de interese común” entre ambos os “territorios amigos” e, nese ámbito, destacou a necesidade de impulsar unha infraestrutura estratéxica, como a liña de Alta Velocidade que conecte Vigo e o Eixo Atlántico con Porto e Lisboa.

A ese respecto, subliñou que os fondos europeos para a recuperación económica poden ser unha “oportunidade” para “apontoar” as potencialidades da eurorrexión, e reclamou ao Goberno de España que, do mesmo xeito que fixo o Executivo luso, presente un plan concreto con investimentos e prazos, para esa conexión ferroviaria. “Hai que compasar os prazos de España cos de Portugal”, recalcou.

Así mesmo, tamén pediu un compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coa saída sur desde Vigo, imprescindible para continuar o trazado ata a fronteira con Portugal, e lembrou que a posta en marcha desa liña suporía un aforro de tempo dun 57 % na viaxe.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...