InicioEconomíaA provincia de Pontevedra concentra un terzo dos ERTEs en Galicia

A provincia de Pontevedra concentra un terzo dos ERTEs en Galicia

Supón un total de máis de 15.000 expedientes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia pechou o mes de febreiro con 46.665 traballadores en ERTE, o que supón 15.357 máis que o último día de xaneiro, un incremento de case o 50%, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións. Un aumento que sitúa a provincia de Pontevedra como núcleo de 1 de cada 3 galegos que se acolleron a estes expedientes.

Do total de 46.665 persoas nun Expediente de Regulación Temporal de Emprego neste mes marcado polas restricións do coronavirus en Galicia, 19.012 son homes e 27.653 son mulleres. Se se toma como referencia a cifra media, no canto do último día do mes, son 47.207 persoas en ERTE en Galicia en febreiro, neste caso 17.468 persoas máis que a media de xaneiro (29.739), unha alza media do 58,7%.

Por provincias, os traballadores en ERTE o último día do mes eran 21.504 na Coruña, seguida de Pontevedra (15.622), Lugo (5.072) e Ourense (4.467). Do total de persoas en ERTE, 7.268 están nun expediente por forza maior e 3.042, non por forza maior. A eles súmanse as 36.355 persoas nas novas figuras de ERTE por impedimento, limitación, cadea de valor, entre outros.

DATOS ESTATAIS

O número de traballadores en expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) pechou o mes de febreiro en España en 899.383 persoas, o que supón 28.903 traballadores menos que en xaneiro na serie revisada e 160.414 máis en función da data de notificación.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

A irmá de Humberto Baena pide a Caballero unha homenaxe oficial en Vigo

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena, un dos últimos fusilados pola ditadura...

A Xustiza dá a razón aos feirantes do Porriño e anula parte das bases das festas do Cristo: outro ano sen atraccións

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra estimou parcialmente un recurso interposto pola...

Prisión para un home que ameazou cunha arma a unha muller e aos seus fillos na área de Vigo

A Garda Civil detivo na área de Vigo un home de 43 anos por...

Tres feridos leves nun accidente na Gran Vía de Vigo que terminou cun coche envorcado

Tres persoas sufriron feridas leves na noite deste domingo despois dun accidente entre dous...