InicioSociedadeAbel Caballero acusa á Xunta "de facer caixa" coas axudas que non...

Abel Caballero acusa á Xunta “de facer caixa” coas axudas que non entrega a hostaleiros e comerciantes

"Falarei co Goberno de España porque a Xunta recibe máis de 400 millóns e non dá nada", incidiu.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este mércores a súa denuncia sobre a xestión das axudas a hostaleiros, comerciantes e autónomos por parte da Xunta, e insistiu en que o goberno galego non entrega a estes sectores os fondos europeos que recibe a través do Goberno de España, uns 450 millóns segundo o rexedor.

Nunha rolda de prensa, o alcalde avanzou que se reunirá en próximos días coa ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, e que trasladará ao Executivo central a necesidade de “reordenar as axudas” porque a Xunta “segue facendo caixa” con eses fondos, e “queda con eles”.

Respecto diso, criticou que as axudas que o goberno autonómico concede a negocios como hoteis, “non lles cobren nin as perdas dun día”, e cualificou como “ridículo” que Feijóo “presuma” de apoiar a hostaleiros, comerciantes e autonómos. “Falarei co Goberno de España porque a Xunta recibe máis de 400 millóns e non dá nada”, incidiu.

No caso de Vigo, Caballero sinalou que o concello “non recibiu nin un só euro” da Comunidade Autónoma para axudar a eses sectores, e lembrou que a Xunta é a que ten as competencias e recibe o diñeiro do Goberno. “Onde están os 50 millóns que a Xunta lle está escamoteando a Vigo?”, preguntou.

ÚLTIMAS

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Sindicatos convocan unha concentración este venres en Vigo no marco da folga do sector da perfumaría

Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...