InicioEconomíaA AECT Río Miño pide a reapertura "urxente" para os traballadoresde todos...

A AECT Río Miño pide a reapertura “urxente” para os traballadoresde todos os pasos fronteirizos con Portugal

Representantes de 18 concellos portugueses e galegos mostran o seu "total desacordo coa medida decretada polos gobernos de Portugal e de España".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño (AECT Río Miño) pediu este martes que, “de maneira urxente, se reabran todos os pasos” fronteirizos para as persoas traballadoras, así como que estes teñan “un horario verdadeiramente adecuado ás necesidades dos traballadores e traballadoras”.

Así o comunicou a agrupación tras a reunión telemática que mantiveron este luns os responsables de 18 concellos portugueses e galegos, que mostraron “o seu total desacordo coa medida decretada polos Gobernos de Portugal e de España” de pechar pasos fronteirizos, a cal consideran que “revela unha total falta de coñecemento da realidade deste territorio“.

Tal e como lembrou a agrupación, en marzo de 2020 o único punto de paso autorizado era o de Tui-Valença, que “concentrou preto do 44 por cento do total da mobilidade de traballadores transfronteirizos”, ante o que “os gobernos reabriron as pontes de Cerveira-Tomiño, Monção-Salvaterra e Peso-Arbo”.

“A penas algúns meses despois, nun segundo momento de peche de fronteiras, é completamente incomprensible non ter en conta esta realidade, embarcándose nunha medida que potencia o ‘efecto embude’ que pode xerar un maior foco de contaxio”, denunciou a AECT, que pediu “polo menos” a reapertura das tres pontes, así como do posto fronteirizo entre Ponte da Barca e Ourense.

Neste contexto, o vicedirector do AECT e deputado provincial de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez, avanzou que, de non atenderse as súas peticións, emprenderán “mobilizacións”. “A indignación é xeneralizada e o consenso é absoluto para reivindicar a apertura de máis pasos fronteirizos para as persoas traballadoras”, selou.

DISPOSICIÓN A COLABORAR

Os gobernos dos municipios afectados tamén se puxeron a disposición para “colaborar no que sexa necesario para que a reapertura ocorra o máis rápido posible, evitando sobrecargar os traballadores transfronteirizos con máis custos e colocándoos en situacións de desgaste físico e psicolóxico”.

Neste sentido, Benítez insistiu en que os ao redor de 6.000 traballadores transfronteirizos “viven nunha situación de desgaste físico e psicolóxico debido ás filas interminables e aos rodeos, cun impacto no día a día persoal e profesional, non tendo o mesmo rendemento produtivo”.

Finalmente, a AECT Río Miño volveu reclamar aos Gobernos español e portugués a creación dun cartón de cidadán transfronteirizo, así como unha Intervención Territorial Integrada de carácter transfronteirizo para que as rexións fronteirizas “sexan compensadas por este segundo duro golpe socioeconómico”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...

Condenado a 2 anos de cárcere e perda do carné por 4 anos o condutor novel que embestiu a unha motorista en Coruxo no...

O xulgado do Penal 2 de Vigo condenou á pena de 2 anos de cárcere ao...

O BNG anuncia unha batería de iniciativas contra a “inxusta exclusión” de Vigo como porto nodal

O BNG anunciou este venres unha batería de iniciativas contra a "inxusta e inxustificada"...