InicioEconomíaTeletraballo para o persoal da Zona Franca de Vigo durante as próximas...

Teletraballo para o persoal da Zona Franca de Vigo durante as próximas tres semanas

O delegado da Zona Franca de Vigo recibiu a autorización para aprobar a aplicación do real decreto de medidas de apoio ao sector turístico, hostalaría e comercio, e en materia tributaria.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consorcio da Zona Franca de Vigo informou este martes de que estende o teletraballo á case a totalidade do seu persoal durante, polo menos, as próximas tres semanas, ante o agravamento da situación sanitaria pola pandemia do coronavirus.

Segundo comunicou o organismo estatal, o Consorcio implementou uns “servizos mínimos” presenciais, formados polos directores dos departamentos e outros servizos esenciais, ademais do propio delegado de Zona Franca, David Regades.

Regades quixo “agradecer o ánimo e o empeño” do persoal de Zona Franca para “sacar adiante o traballo” dos últimos meses, para que a actividade do Consorcio “seguise adiante”. “Agora a situación reclama un esforzo máis e teremos que volver traballar maioritariamente desde casa”, apuntou.

MEDIDAS DE APOIO

Regades comunicou xa a decisión ao persoal e ao comité executivo, que se reuniu de forma telemática. De feito, nesta reunión facultouse ao delegado para aprobar a aplicación do real decreto de medidas de apoio ao sector turístico, hostalaría e comercio, e en materia tributaria.

Así, antes do 31 de xaneiro, os autónomos e pemes arrendatarios de inmobles do Consorcio cuxa actividade se viu suspendida ou cuxa facturación baixase polo menos un 75%, poderán solicitar unha redución do 50% na renda durante o tempo de vixencia do estado de alarma, e ata 4 mensualidades posteriores.

Alternativamente, poderán pedir unha moratoria durante o estado de alarma e ata 4 meses posteriores, de modo que o pago aprazado poderase facer nun período de dous anos.

ÚLTIMAS

Abordado un buque a 600 millas de Canarias con 6.500 quilos de cocaína con destino a Vigo

Axentes do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional abordaron este outubro --a 600 millas das...

Novidades no Nadal de Vigo: 75 casetas e dúas pistas de xeo na praza de Vialia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello ampliará o espazo do Nadal...

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...