InicioEconomíaA Xunta di que xa investiu 2,6 millóns en axudas ás hostalaría...

A Xunta di que xa investiu 2,6 millóns en axudas ás hostalaría de Vigo pola pandemia

O PSdeG volve reclamar un plan de rescate con "axudas potentes e recursos suficientes"

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia cifra en 2,6 millóns as axudas directas que foron xa abonadas ao sector da hostalaría de Vigo para paliar as consecuencias da pandemia de COVID, das que se beneficiaron un milleiro de negocios, e que supoñen o 87,2 % das axudas que se concederon na cidade.

Así o trasladou a delegada territorial do goberno galego, Marta Fernández-Tapias, que subliñou que ese apoio económico chegou a máis da metade dos establecementos da cidade olívica.

Na mesma liña, lembrou que, a nivel de toda a comunidade autonóma, xa recibiron axudas máis de 14.700 negocios de hostalaría, por valor de 23,7 millóns e con cargo ás tres liñas do Plan de Rescate posto en marcha pola administración galega. Iso supón que o 70 por cento dos hostaleiros galegos, recalcou, tiveron acceso ao apoio económico posto en marcha pola Xunta.

Tamén apuntou que a Xunta anunciou un segundo plan de rescate e “seguirá á beira dos sectores que máis están a sufrir”, con novas axudas a autonómos, microempresas e negocios hostaleiros”.

REUNIÓN DO PSDEG CON HOSTALEIROS

Por outra banda, a portavoz de Comercio e Turismo do grupo parlamentario do PSdeG, Leticia Gallego, xunto á deputada socialista Isaura Abelairas, reclamou este venres ao goberno galego un plan de rescate para o sector con “axudas potentes e recursos suficientes”.

Así o manifestaron tras manter un encontro en Vigo con representantes do sector hostaleiro e do lecer nocturno da provincia de Pontevedra, e tras constatar que as restricións deben ir “acompañadas” de medidas que permitan a pervivencia das empresas e o emprego.

As deputadas socialistas informaron aos representantes hostaleiros das medidas que o seu grupo presentará no novo curso parlamentario para reclamar esas axudas, e subliñaron que o goberno central “envioulle á Xunta 224 millóns de euros para a reactivación económica en 2020 e, en 2021, remitirá máis de 1.100 millóns extraordinarios”.

ÚLTIMAS

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un home acusado de estafar a unha muller cun falso anuncio de aluguer en Vigo

A Fiscalía solicita tres anos de prisión para un home acusado de estafar a...

O xurado considera culpable de asasinato ao autor do crime de Coia pero ve atenuantes e as acusacións rebaixan penas

O tribunal de xurado encargado de axuizar o chamado crime de Coia, en Vigo,...

O TSXG esíxelle ao Concello de Vigo que o Nadal non perturbe a tranquilidade dunha veciña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenou a continuación da execución da...