InicioEconomíaBaixada de entre cinco e sete céntimos a partir do 2021 no...

Baixada de entre cinco e sete céntimos a partir do 2021 no tramo A Ramallosa-Baiona

As baixadas serán só para determinados tipos de vehículos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta baixará o prezo das peaxes en varios tramos das autoestradas autonómicas e manterá estables o resto en 2021, ano no que comezará a aplicar bonificacións para familias numerosas neste tipo de vías da súa titularidade.

En concreto, segundo informou a Consellería de Infraestruturas nun comunicado, a partir do próximo día 1 de xaneiro, os prezos da que une Vigo e Baiona, a AG-57, seguirán sendo os mesmos que na actualidade para os vehículos lixeiros, excepto no tramo A Ramallosa-Baiona, que baixa cinco céntimos.

No caso dos vehículos pesados de tipo 1, reduciranse cinco céntimos as peaxes dos tramos Vigo-A Ramallosa e Vigo-Baiona. E para os de tipo 2, aplicaranse rebaixas de cinco céntimos en sete dos 11 centros da estrada. Naqueles tramos nos que non baixen, permanecerán como ata agora.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...