InicioEconomíaO PSOE vigués ve "decepcionantes" os orzamentos da Xunta para a cidade:...

O PSOE vigués ve “decepcionantes” os orzamentos da Xunta para a cidade: “Non hai ningún proxecto relevante”

A agrupación socialista di que case a metade do diñeiro destinado á cidade será para pagar o canon á concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro, "o que demostra, unha vez máis, que é privado".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A agrupación do PSdeG-PSOE en Vigo tachou de “decepcionantes” os orzamentos da Xunta de Galicia para 2021 no que respecta a cidade, e criticou que “non hai ningún proxecto relevante”.

Así o manifestou o secretario xeral da agrupación socialista viguesa, Abel Losada: “Estamos defraudados, nun ano no que é imprescindible a acción pública, os orzamentos da Xunta nacen coxos para as necesidades da cidade”, lamentou.

Segundo apuntou Losada, case a metade do diñeiro destinado á cidade será para pagar o canon á concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro, “o que demostra, unha vez máis, que é privado”. “E faltan 560 millóns de euros por pagar. Xa levamos anos pagando, o proxecto construtivo era de 330 millóns, o PP ten que explicar este desfasamento”, denunciou.

Así mesmo, referiuse á dotación económica para a nova Cidade da Xustiza, e apuntou que, ademais de ser “a última” que se fixo en Galicia, “leva un atraso notable”. A iso súmase o feito de que o novo edificio xudicial “non se atopa inserido na súa contorna urbana, non ten aparcadoiro e vai ter problemas funcionais”.

Na mesma liña, e con respecto á estación de bus no complexo intermodal de Urzáiz, Abel Losada lembrou que a Xunta “pon moitos menos fondos que o Estado e o Concello de Vigo” nese complexo e que, ademais, son fondos conveniados, que está obrigada a gastar.

Finalmente, referiuse á reserva de 8 millóns de euros para chan residencial no polígono de Navia, e sinalou que “a Xunta vai recuperar eses fondos cando se edifiquen e véndanse as vivendas”.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...