InicioEconomíaUVigo impulsará a investigación e un programa formativo para estudantes

UVigo impulsará a investigación e un programa formativo para estudantes

Manuel Reigosa asinou un convenio coa Fundación Mentor.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, sinalou que asinou un convenio coa Fundación Mentor para “impulsar a investigación” na institución educativa e “potenciar un programa de formación para estudantes”.

No marco da rúbrica co presidente da Fundación Mentor e director executivo de Zendal, Andrés Fernández; o reitor asegurou que este acordo marco, de catro anos de duración, “responde á vocación” da universidade de “manter unha relación constante coa sociedade” e “estreitar lazos” coa empresa.

Nesta liña, precisou que se busca “potenciar ao máximo as capacidades da formación académica de excelencia” pola que aposta a universidade e lembrou que este convenio oficializa unha “colaboración” coa Fundación Mentor xa existente.

Así, Manuel Reigosa concretou que permitirá un traballo conxunto para “impulsar a investigación que se fai na UVigo” e “potenciar un ambicioso programa orientado á formación complementaria dos seus estudantes”.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...