InicioEconomíaGalicia en Común e BNG celebran a bonificacións do Goberno para rebaixar...

Galicia en Común e BNG celebran a bonificacións do Goberno para rebaixar as peaxes da AP-9

Critican que a Xunta non fixo nada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG e Galicia en Común celebraron este xoves no Congreso as bonificacións contempladas nos Orzamentos Xerais do Estado, de case 55 millóns de euros, para rebaixar as peaxes da Autoestrada da Atlántico AP-9 en varios tramos, garantir a súa gratuidade entre Vigo e Redondela e compensar a subida anual do 1%.

O deputado do BNG, Néstor Rego, reivindicou esta medida como parte do acordo alcanzado co PSOE para a investidura de Pedro Sánchez, polo que considera “escandaloso” que a Xunta de Galicia “que non fixo nada por conseguir descontos, pretenda atribuírse méritos”. “Ou que o faga Podemos”, apostilou, lembrando o apoio dos ‘morados’ aos anteriores Orzamentos que non o contemplaban.

En todo caso, matizou que “non se trata de reclamar a paternidade ou maternidade da decisión”, senón de celebrar esta medida que, dixo, espera que achegue a gratuidade total dunha vía xa “amortizada” e que conecta tres aeroportos, os portos e cinco cidades galegas con gran actividade económica.

“SON ORZAMENTOS DO FUTURO E EN FRONTE TEMOS AO PASADO”

Para o deputado de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, a bonificación da AP-9 “é un logro colectivo da sociedade galega” e “tamén un logro deste Goberno” pero tamén celebrou o aumento do 29% do investimento dos ministerios mobilizada en Galicia, que ao seu xuízo revelan un “compromiso inequívoco coa mobilidade sustentable e a vertebración” e a “intermodalidade”.

“Esperemos que se aprobe con todas as melloras necesarias, porque o que temos enfronte dun bloque plural democrático é o pasado, e estes son os Orzamentos do futuro, para o conxunto do Estado e tamén para Galicia”, dixo.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...