InicioEconomíaO delegado do Goberno pide ao xulgado que se inhiba e permita...

O delegado do Goberno pide ao xulgado que se inhiba e permita a extinción da concesión de Vulcano

PUBLICADO O

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, presentou un escrito ante o Xulgado Mercantil número 3 de Pontevedra (con sede en Vigo), no que solicita que se inhiba en relación ao proceso de alleamento da concepción do estaleiro Vulcano, para que o porto poida concluír o procedemento de extinción da devandita concesión.

No escrito, o delegado apunta que a concesión se atopa extinguida ‘ex lege’ despois da disolución de Factorías Vulcano SA e que, nesa circunstancia, o porto iniciou os trámites para recuperar a dita concesión.

O xulgado e a Audiencia Provincial rexeitaron esa pretensión e incluíron a concesión no proceso de liquidación de Vulcano; mentres que o porto solicitou un ditame do Consello de Estado que avalou a súa posición. Así as cousas, e dado que chocaban as conclusións do Consello de Estado e as dos tribunais, o porto solicitou que dirima o asunto o Tribunal de Conflitos de Xurisdición.

O delegado do Goberno expón ante o xulgado que o feito de que continuase as actuacións para enaxenar a concesión, “ignorando” o procedemento administrativo do porto, supón “unha invasión das competencias” da Autoridade Portuaria. Por iso, pide ao xulgado que se inhiba e que cese as súas actuacións ata que o Porto decida sobre a concesión.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...